Lucía e Uxío
“Non teño motivos para crer nas coincidencias.
Sei con certeza que cada paso que demos, cada decisión que tomamos e cada erro que cometimos leváronnos a este punto. E tamén sei que terte ao meu lado non é cuestión de azar.
Por iso agora teño máis en conta que nunca os meus pasos e cada decisión que teño que tomar, para non deixarte atrás. Incluírte sempre nun futuro hipotético pero próximo. Ter moito máis coidado con cada fallo que poida cometer, para non defraudarte e así asegurarme de que nunca terás que gardar ese sorriso nun caixón.
Sempre hai unha primeira vez para todo. E tamén para ver todo en alguén. Como se iso que marcaras como especial ao longo da túa vida se metese por arte de maxia na mesma cabeza, no mesmo corpo, na mesma forma de ser. Supoño que é unha cuestión de maxia e sorte. Porque atópaste con millóns de persoas e, de súpeto, non só aparece, senón que queda. Permanece.
Aparece diante de ti, o mundo detense e velo claro. Ten que quedar porque o vai cambiar todo. E por primeira vez na túa vida non tes medo aos cambios… porque sabes que valerá a pena.”